Lugoslavia

Chegaba tarde. Coma sempre, bastante tarde: ¡¡5 minutos!!. Non sabía o que me agardaba. Evitaba correr o que podía pero… debía apurar, e así fixen, apurei o paso, pero ao final, non podía evitar correr.

Ao chegar, como fun pola outra banda, salteime unha cola kilométrica. Cando chego, ¿que? ¿que non hai entradas?. ¡¡Que decepción!!. ¡¡Eu quero entrar!!. Algúns e algunhas, recuaban frustrados.

Eu, non debía recuar: segundo me informaron, dentro estaban persoas coas que eu quedara. Non me valía quedar fóra. Debía entrar. Fun á porta…recuei a taquilla, non había máis… as entradas que quedaban eran as de protocolo e prensa, e o sitio xa estaba a rebosar.

Collín e agardei pacientemente na entrada. Entrei de tapadillo, aínda que sabía que a da entrada me controlaría. Díxenlle ir ao posto das camisetas. Así fixen. Non lles merquei ningunha, pero xa as vin, e pode que un día destes, se os atopo outra vez, lles merque unha.

Logo púxenme ao lado da porta. Ata era case mellor así. Aparte de que había aínda unha chea de xente, agolpándose, agardando por entraren e distribuirse.

Pasaba o tempo. Os da porta estaban desbordados. Os da taquilla xa non sabían que dicir. Todo se saíra do habitual: chegara un certo caos, co que, curiosamente, ata me sentín bastante cómodo.

De súpeto, chegou a oportunidade que agardaba:

Un home xa non podía máis. O/A súa acompañante (supoño que feminina, aínda que non estou seguro) non chegara. Díxenlle que lle mercaba a entrada. El dixo que aínda agardaba por esta persoa un chisco máis (non o comprendera eu ben). Entón… quedamos en que se non aparecía ma vendería, como así foi.

Na voráxine que veu despois, esquecinme do seu nome. Podería ser Agustín ou algún outro nome que comezara por A.

Encantado por unha sorte que eu intuía, ou quería crer que chegaría , funme a onde agardaba atopar ao grupo de xente co que quedara. Alí, xusto onde agardaba que estiveran, apareceron. E á súa beira, un asento libre.
Tiña intención de agradecérlle-lo detalle de gardarme o sitio, mais dixéronme que realmente non mo gardaran: a chaqueta dunha desas persoas no único asento libre ao seu lado, bastou para que o sitio non se ocupase.

Este grande cúmulo de casualidades…permitiume disfrutar dunha montaxe excepcional con Quico Cadaval, Carlos Blanco e “Cool Hamsters”. Mentres uns poñían o humor, os outros a música, con alma de Jazz.

O que me decepcionou un pouco foi que Quico Cadaval falase moi pouco de Lugoslavia. Pero en fin… outra vez será.

Iso si, se me puidera atopar co home que me vendeu a entrada, gustoso o invitaría a un café. É o mínimo que merece como compensación a todo o nerviosismo que ese home debeu sentir.

Forza4.

Anuncios

Chegando lentamente

O novo case que sempre nos fai agardar por el. E tamén nos está pasando en 4ventos e na RKO. Agardabamos que a principios-mediados deste mes, tiveramos o local. Pero nada: aínda teremos que agardar uns días máis.

“Éche o que hai”, que diría shinchan.

Pero bueno, o día D e a hora H achéganse, así que iremos quentando motores para que todo esté no seu punto para a estrea.¿Cando será?. Eso aínda é unha incógnita, pero todo indica que pronto.

Achéganse…

Pronto os catro ventos estarán zoando. Cecais, algúns, nos atopedes máis preto do que pensades.

Agardamos pronto contar con datas nas que nos poderedes atopar por Ourense adiante, facendo Radio.

Radio Kampus Ourense está a chegar…e con ela tamén… 4ventos.

forza4.

Eolica 1: Luminica

Coma moitas semanas, fun naquel mesmo bus. E, como había algunhas semanas, quedara con Mara.

Quedaramos en que lle instalaría o antivirus no seu ordenador portatil, e así o fixen. Logo dun intre, tras apaga-lo aparello, e gardalo na mochila, comezamos a falar.

A conversación derivou en falar de Senén. Senén era o rapaz que lle tiña roubadiño o corazón. E só con nomealo a súa expresión gañaba en tenrura. Os seus ollos comezaban a botar chispiñas… e non era un segredo que lle custaba evitar que lle dera a risa tonta, esa risa que distingue aos corazóns namorados.

Cando os nosos campos, sen auga por mor de tanta seca, reciban unha boa cantidade de chuvia, dubido que poidan expresar maior agradecemento, que o que a face de Mara mostraba con cada verba de Senén.

Cada pinga desa conversa facía que nacera unha fror no campo da cariña de Mara, a xeito de avermellamento das súas meixelas. E os seus risos, sorrisos, e expresións tenras non cesaban.

Cando ao final soaron, en castelán, aquelas tres verbas, fixérono do xeito máis tenro que se poida un maxinar, a voz en volume máis baixo, como para dicirlle, “esto é entre ti e máis eu”. As tres verbas, evidentemente foron: “Te quiero mucho”.

Forza4.

Presentación

Pronto aquí teréde-lo Blog do programa ‘4 ventos’ da Radio Kampus Ourense (RKO).

Unha aperta,

Equipo 4ventos.

Irene saca su primer disco

“Irene” es el título del primer disco de Irene, que sale simultáneamente e todo el mundo hoy.

Según nos cuenta la propia autora, este es el fruto del trabajo intenso y contiene canciones muy personales que hablan “de la vida en su estado más puro”.

En un intento por acercar “la música a todos los públicos”, el disco se publicará con licencia Creative Commons, y invita a todos a “escuchar los sonidos que vienen directamente del corazón”.

(Noticia Ficticia)