Alfa e Omega

É curioso como os opostos se dan a man, como se complementan, e, nalgún momento, chegan a semellar curiosas pérolas de casualidade.

Por exemplo, aínda que eu non teña precisamente cualidades musicais, nacín xusto un mes despois de que morrera «O Rei do Rock», Elvis.

Pois nunha desas casualidades, me ten a vida agora. Onte, ou un destes días morreu unha estudante de Empresariais de Santiago.

Chamábase María. A Tardiña da súa vida chegoulle cuns 23 anos. Os/as seus amig@s (algunha das amigas, común a min) e a súa familia estan que non o cren…
Mais eu sempre pensei, que nesta existencia nosa, realmente nada remata… e que a vida que semella irse, queda nos que ficamos aquí, a vida ‘física’ queda en nos.

Curiosamente… hai uns 2 meses, naceu ‘Jose Manuel’. El é a ledicia de Tania e Jose, os seus pais, que ven como un novo ollar agroma á vida… A luz prende nos seus ollos como nos dos seus pais nun sorriso universal.

Por iso… aproveitemos a vida… e aqueles e aquelas que levamos no corazón, tanto na existencia aquí, como en calquera outro tipo de existencia, honrémolos cos nosos éxitos, e dediquémoslle-las ensinanzas que nos brindan os fracasos ou semi-fracasos da vida.

Dende aquí, a máis sentida noraboa a Tania e Jose, como a máis grande aperta que acompaña no sentimento, @s familiares de María, como aos/ás seus amig@s e compañeir@s.

Forza4.

Contrarreloxo

Estou na cabina. Dubido un chisco e descolgo. Na cabina, a hora correcta: 01.49h.

Hora: 01.49h.
De súpeto unha voz me sorprende: ¿Foi ben o espectáculo? Non, non fales, é unha gravación. ¿Sabes onde está a cabina en Avenida de Bos Aires?, Si, a de arriba das escaleiras, a que está máis baixiña. Pois douche 2 minutos. Bule.

Nese mismo instante, colgo e saio coma un proxectil cara arriba. Atraveso toda a rúa case sen mirar. Cando chego arriba, collo á esquerda, e nuns poucos segundos prántome na cabina. Descolgo.

Hora: 01.50h.

A voz xovial da cinta, respóndeme de novo.

-Carai, ¡que rápido!
Esta vez non era unha cinta.
-Xa, xa… pero xa che vale…en fin…que aínda non estou para estas cousas. -respondín, mentras tentaba recuperar os folgos.

-Que pouco me coñeces… -dixo
-Xa o agardaba: soltao. -respostei
-Maxinaba que xa te darías de conta. Tes razón, é raro que considere que comín con só un prato.
-Velaquí ven o segundo: tes outros dous minutos, pero tes que chegar á seguinte cabina, á que está do outro lado do Caixa-Goda. Si, unha normal que está mesmiño ao lado dun negocio de calefaccións. Iache dar 2 minutos..pero deixoche de limite ata 3. Colle folgos, agarda ata as e 51




Bule!

Hora:01.51 horas.

Colguei. Saín escopetado, pero esta vez seguía o que podía un ritmo… A cada zancada custaba máis… canto máis chegaba menos ritmo levaba, pero sen chegar a pararme demasiado. Aínda quedaba unha tiradiña..¿que hora sería? ¿canto quedaría?. Non tiña tempo nin a mira-la hora. E tampouco tiña cabina na que mirar, só aquela que tiña como obxectivo.
O traxecto facíase eterno…pero sabía que chegaría.
Era frustrante, pero tiña azos porque xa saira de outras situacións máis axustadas. Ou cecais non tanto…
Por fin, rebasei a ultima árbore antes da cabina e metinme nela.
Mirei a cabina.
Recuperei un chisco os folgos nunhas centésimas de segundo.
Mirei a cabina.
Erguín o brazo…
…e… descolguei
Hora………………………….
…..:01.53

Hora:01.53
-¡Noraboa! Polos pelos…aínda que non tanto. Quedábanche 40 segundos.
-Bueno… -dixen eu entre xadeos-recobrafolgos- xa che vale.
-A próxima sera pronto. -dixo
– Ei.. non te esquezas que preciso entrenamento, que teño o corazón a todo tren..-respostou
– ¿Por quen? -dixo mentres se ría
– Non ten gracia…-dixen, aínda recuperando os folgos- …a ver se a próxima vez cambiámolos, papeles.

– Ah, e non o esquezas: o horario é 02.00, 02.05, 02.10
– ¿Como? -respostei estranado
– A ultima proba por hoxe
– Hai que leria…-respostei
– A ver… meréceste unha boa recompensa, primeiro dareiche un bo recibimento, logo… irás a tomar unha auguiña á «Cova» (un certo pub da cidade, preto da zona). Pedirás a túa consumición antes das 02.00. Ás 02.05 terala pagado como moi tarde, e as 02.10 estarás na casiña.

Bule!

Saín a menor paso polo paso de peóns. De súpeto, un estourido unha luz de grande potencia iluminou a noite…e menos mal que estaba de costas.
E semellaba coma se tivese o control de todo, pois no momento da explosión o ‘bomberman’ calculara que non habería xente en 20 m. á redonda, a nivel do chan, posto que as súas bombas poderíalles afectar marxinalmente, se estaban de cara á bomba. Como sabía que eu estaría de costas á bomba. Aparte, para comprobalo, el mesmo o estaba a ver.

Logo dese momento, tranquilicei un pouco máis, con todo…aínda fora de concurso, non estaba tranquilo. E pronto souben o porque. Por visión periférica, detectei unha parella nun coche… o bomberman era raro que o soubera.

As súas bombas non só eran luminosas, e esta causaría estragos ata mediada a rúa. Todo estaría baleiro a ras de chan…agás o coche. Eu non podía comunicarme con el, non podía facer acenos moi fortes no pub porque se non, podería darlle por estoura-la bomba. Así que fun aló, e pedín a auga en canto puiden, sen estridencias, como o estilo do bomberman me marcaba.

Antes, xusto antes de pedi-la, preguntara a hora.

Hora:01.59.
El, que me controlaba, podería ver o reloxo. Aí xogueilla: se un reloxo poñía unha hora, sería a hora que se tería en conta para o xogo. Primeira etapa da bomba desactivada: non tería luz cegadora de 20 m.

Logo… preguntei o que era, e agardei a pagar…o tempo pasaba paseniño, pero desta vez, sentía que viña ao meu favor: Auga paga…

Hora: 02.01h.

Xusto cando paguei comezou a soar música para bailar que me gustaba. Sabía que andaba el detrás de todo: Nunha mesa había unha chea de xente. Noutra, dous rapaces, e na outra, un rapaz e 3 rapazas. Moi tentador..pero axiña souben quen decidira o cambio de música.

Acabei, tranquilamente a miña auga, e saín.

Hora: 02:03

Levaba tempo sobro, de refilón voltei a ver á parella… tiña 7 minutos, pero cumpría asegurarse.

A segunda etapa estaba teóricamente desactivada, pero era núcleo común coa terceira, sen desactivar esta estourarían as dúas, e nun radio de 20 m. (no que se atopaba a parella), podería resultar danado todo humano ou porcino (aínda que non creo que houbera cochos nos arredores).

Fun sen presa pero sen pausa cara a casa.

Collín as chaves, abrín a porta do portal, subín as escaleiras…

Logo, entrei a casa. E ao entrar na miña habitación…case caio ao tropezar nalgo que estaba no chan.

Cando me recobrei, puiden ver un pedal completamente pulsado, e, ao seu lado un marcador electrónico mostraba a lenda: «Bomb disabled, shutdown…»

Hora:02.05

Logo toda visulización desapareceu.
De súpeto, apareceu dende atrás do aparello unha cariña sorrinte de cor marela, tipo ‘acid house’.

Todo rematara, e aquela parella non se vería afectada… sorrín. Todo rematara… por agora.

Lugoslavia

Chegaba tarde. Coma sempre, bastante tarde: ¡¡5 minutos!!. Non sabía o que me agardaba. Evitaba correr o que podía pero… debía apurar, e así fixen, apurei o paso, pero ao final, non podía evitar correr.

Ao chegar, como fun pola outra banda, salteime unha cola kilométrica. Cando chego, ¿que? ¿que non hai entradas?. ¡¡Que decepción!!. ¡¡Eu quero entrar!!. Algúns e algunhas, recuaban frustrados.

Eu, non debía recuar: segundo me informaron, dentro estaban persoas coas que eu quedara. Non me valía quedar fóra. Debía entrar. Fun á porta…recuei a taquilla, non había máis… as entradas que quedaban eran as de protocolo e prensa, e o sitio xa estaba a rebosar.

Collín e agardei pacientemente na entrada. Entrei de tapadillo, aínda que sabía que a da entrada me controlaría. Díxenlle ir ao posto das camisetas. Así fixen. Non lles merquei ningunha, pero xa as vin, e pode que un día destes, se os atopo outra vez, lles merque unha.

Logo púxenme ao lado da porta. Ata era case mellor así. Aparte de que había aínda unha chea de xente, agolpándose, agardando por entraren e distribuirse.

Pasaba o tempo. Os da porta estaban desbordados. Os da taquilla xa non sabían que dicir. Todo se saíra do habitual: chegara un certo caos, co que, curiosamente, ata me sentín bastante cómodo.

De súpeto, chegou a oportunidade que agardaba:

Un home xa non podía máis. O/A súa acompañante (supoño que feminina, aínda que non estou seguro) non chegara. Díxenlle que lle mercaba a entrada. El dixo que aínda agardaba por esta persoa un chisco máis (non o comprendera eu ben). Entón… quedamos en que se non aparecía ma vendería, como así foi.

Na voráxine que veu despois, esquecinme do seu nome. Podería ser Agustín ou algún outro nome que comezara por A.

Encantado por unha sorte que eu intuía, ou quería crer que chegaría , funme a onde agardaba atopar ao grupo de xente co que quedara. Alí, xusto onde agardaba que estiveran, apareceron. E á súa beira, un asento libre.
Tiña intención de agradecérlle-lo detalle de gardarme o sitio, mais dixéronme que realmente non mo gardaran: a chaqueta dunha desas persoas no único asento libre ao seu lado, bastou para que o sitio non se ocupase.

Este grande cúmulo de casualidades…permitiume disfrutar dunha montaxe excepcional con Quico Cadaval, Carlos Blanco e «Cool Hamsters». Mentres uns poñían o humor, os outros a música, con alma de Jazz.

O que me decepcionou un pouco foi que Quico Cadaval falase moi pouco de Lugoslavia. Pero en fin… outra vez será.

Iso si, se me puidera atopar co home que me vendeu a entrada, gustoso o invitaría a un café. É o mínimo que merece como compensación a todo o nerviosismo que ese home debeu sentir.

Forza4.

Chegando lentamente

O novo case que sempre nos fai agardar por el. E tamén nos está pasando en 4ventos e na RKO. Agardabamos que a principios-mediados deste mes, tiveramos o local. Pero nada: aínda teremos que agardar uns días máis.

«Éche o que hai», que diría shinchan.

Pero bueno, o día D e a hora H achéganse, así que iremos quentando motores para que todo esté no seu punto para a estrea.¿Cando será?. Eso aínda é unha incógnita, pero todo indica que pronto.

Achéganse…

Pronto os catro ventos estarán zoando. Cecais, algúns, nos atopedes máis preto do que pensades.

Agardamos pronto contar con datas nas que nos poderedes atopar por Ourense adiante, facendo Radio.

Radio Kampus Ourense está a chegar…e con ela tamén… 4ventos.

forza4.

Eolica 1: Luminica

Coma moitas semanas, fun naquel mesmo bus. E, como había algunhas semanas, quedara con Mara.

Quedaramos en que lle instalaría o antivirus no seu ordenador portatil, e así o fixen. Logo dun intre, tras apaga-lo aparello, e gardalo na mochila, comezamos a falar.

A conversación derivou en falar de Senén. Senén era o rapaz que lle tiña roubadiño o corazón. E só con nomealo a súa expresión gañaba en tenrura. Os seus ollos comezaban a botar chispiñas… e non era un segredo que lle custaba evitar que lle dera a risa tonta, esa risa que distingue aos corazóns namorados.

Cando os nosos campos, sen auga por mor de tanta seca, reciban unha boa cantidade de chuvia, dubido que poidan expresar maior agradecemento, que o que a face de Mara mostraba con cada verba de Senén.

Cada pinga desa conversa facía que nacera unha fror no campo da cariña de Mara, a xeito de avermellamento das súas meixelas. E os seus risos, sorrisos, e expresións tenras non cesaban.

Cando ao final soaron, en castelán, aquelas tres verbas, fixérono do xeito máis tenro que se poida un maxinar, a voz en volume máis baixo, como para dicirlle, «esto é entre ti e máis eu». As tres verbas, evidentemente foron: «Te quiero mucho».

Forza4.

Presentación

Pronto aquí teréde-lo Blog do programa ‘4 ventos’ da Radio Kampus Ourense (RKO).

Unha aperta,

Equipo 4ventos.

Irene saca su primer disco

«Irene» es el título del primer disco de Irene, que sale simultáneamente e todo el mundo hoy.

Según nos cuenta la propia autora, este es el fruto del trabajo intenso y contiene canciones muy personales que hablan «de la vida en su estado más puro».

En un intento por acercar «la música a todos los públicos», el disco se publicará con licencia Creative Commons, y invita a todos a «escuchar los sonidos que vienen directamente del corazón».

(Noticia Ficticia)