O probable mito do TDAH

Son analítico. Sí, analízoo todo e a tod@s. E non vexo ningún trastorno por déficit de atención e hiperactividade. E non o vexo porque xa hai tempo que me levo decatado de que o TDAH non é máis que un lugar común para evitar pensamentos máis complexos e que inclúan ver a realidade dende varios puntos de vista,no canto de velos dende un só.

No meu caso, comezou hai moito: eu era, e, en parte sigo sendo (aínda que de xeito reducido) ambidiestro. E isto, que semella algo anecdótico, ten moita importancia.

O ambidestrismo é, moi probablemente, a variante natural principal da lateralidade na vida humana. É dicir, ter unha habilidade semellante en ambas mans, é unha vantaxe moi interesante para o ser humano, e, ademáis, axuda a ter unha capacidade máis desenvolvida de ver as cousas de xeito máis xeral.

Corrían os anos 80, e fun lateralizado diestro. Daquelas, lateralizar zurdo a alguén era cáseque un tabú. Obligábasenos a escribir coa dereita porque «era necesario que así fora». Pero, con iso, quitáronme parte do meu ser, cousa que levo anos tentando recuperar: escribir ao revés (de dereita a esquerda) coa man esquerda e as letras ao revés.
Isto, que pode parecer unha anécdota, non é tal, dado que en Árabe e así como se escribe, aínda que o tipo de escritura sexa moi diferente. Ademáis, axuda bastante a poder ler do revés un periódico, unha carta dun restaurante, e así poder desbloquear información que, doutro xeito, sería máis complicado entender.

Por outra banda, a lateralización pode empeorar a visión espacial. O poder entender as cousas do mesmo xeito ou do oposto axuda a entender un camiño cara adiante, e logo recoñecelo cara atrás.

Esto pode parecer algo alleo ao TDAH, pero ten moito que ver con el. Moitas persoas con TDAH teñen unha visión máis completa do mundo no que viven, máis variada e diversa. ¿Por qué é isto? Porque o Trastorno de Déficit de Atención por Hiperactividade non é tal. De feito, a maioría de TDAH, son as persoas máis atentas ao mundo que @s rodea, mesmo, en xeral, moito máis que o resto de persoas cunha «función mental normal».

O falaz paradigma da normalidade.

Dicir que algo é normal é dicir que se atén a unha norma ou conxunto de normas. O problema da normalidade que nos impoñen os colectivos de poder é que non adoita pórse en dúbida,nin se adoita debatir realmente sobre ela, poñéndoa en dúbida. E é que se algo se precisa para mellorar algo é pór en dúbida o xeito que se ten de facer as cousas.

Entón, ser normal non é ser mellor que outra persoa ou ser axeitado senón seguir o modelo que impón aquel colectivo que ten o poder económico-político-social, poder que, por outra banda, tería que estar repartido entre toda a poboación mundial.

Polo tanto, quen se saia do estreito espazo que deixan esas normas arbitrarias, pode ser acusado de falta de normalidade, cando, realmente, as normas biolóxico-sociais do mundo fan antinormal esa suposta normalidade.

A necesidade de seguir a lóxica biolóxica e humana

Por todo o que levo dito, xeralmente, as persoas normais son, á vez, moi ilóxicas, biolóxica e humanamente.

Sigamos esta proposta: Vivimos nun mundo moi rápido. Todo sucede a velocidades vertixinosas. O xénero homo ten, segundo algunhas fontes, 2 (dous) millóns e medio de anos de antigüidade, e o homo sapiens, unha das ramas máis cercanas, uns 315.000 anos. É dicir, para o homo sapiens hai un 313.000 (trescentos trece mil) antes de cristo, segundo un estudo actual.

Dado que vimos dos monos, o xénero homo non naceu de 2 (dous) seres, senón que podería empezar con máis poboación. En todo caso, o homo sapiens non creo que superara os 100.000 (cen mil) habitantes orixinais.

Se supomos que esa poboación de 100.000 (cen mil) habitantes foi a primeira poboación, e dado que no ano 10.000 (dez mil) antes de cristo a poboación se supón alcanzou a cifra de 1.000.000 (un millón) de habitantes, podemos dicir que o ser humano tardou uns 303.000 (trescentos tres mil) anos en multiplicar por 10 (dez) a poboación.

Se facemos este exercicio máis veces, veremos que a poboación de 10.000.000 (dez millóns) de persoas non aparece na wikipedia, no artigo que estou a consultar, pero que no ano 8.000 a.C. (oito mil antes de Cristo) había 8.000.000 (oito millóns de persoas) , co cal, podemos supor que para o 7000 a.C. (sete mil antes de Cristo) habería eses 10.000.000 sen problemas.

Por outra banda, os 100.000.000 (cen millóns) de habitantes alcanzáronse no 500 a.C. (cincocentos antes de Cristo), mentres os 1.000.000.000 (mil millóns) alcanzáronse sobre o ano 1800 d.C. (mil oitocentos despois de Cristo ou mil oitocentos).

Por outra banda, os 3.000.000.000 (tres mil millóns) alcanzáronse sobre 1960 (mil novecentos sesenta) e os 6.000.000.000 (seis mil millóns) sobre 1999 (mil novecentos noventa e nove)

No tecnolóxico, podemos dicir algo semellante: desenvolvéronse máis inventos dende os anos 1980 (mil novecentos oitenta) ata o día de hoxe, nuns 41 (corenta e un) anos, que en todo o resto da historia da humanidade. 41 (corenta e un) anos, contra 315.020 (trescentos quince mil vinte) anos, cáseque nada.

Por outra banda, todos e todas (e canto máis novos e novas, máis pasa) estamos acostumados a ser bombardeados por cantidades inxentes de información. Pensemos que hoxe, a miña capacidade total en discos duros é de uns 3 (tres) Terabytes de información, o que son uns 24 (vinte e catro)Terabits de Información, ou, se o queredes 24 (vinte e catro) billóns (un billón é un millón de millóns, alomenos para os non angloparlantes) de cifras representadas neses discos duros. Dado que hoxedía se xeran 2,5 TB (Dous TeraBytes e medio) de datos ao día, ou se se quere uns 20 (vinte) terabits de datos ao día, todo o almacenamento que teño non chegaría máis que para día e cuarto.

Por outra banda, dende o colexio de primaria ata a universidade, así como nos múltiples postos de traballo, pídeselle máis a calquera persoa, do que se lle pediría hai uns 30 (trinta) anos. Mesmo, posiblemente, entre tres e cinco veces máis.

¿Dende cando unha adaptación é un trastorno?

Tendo en conta todo isto, podemos decatarnos que o probablemente malchamado TDAH (Trastorno de Déficit de Atención por Hiperactividade) non é un trastorno, senón sucesivas adaptacións da mente a un mundo profundamente hiperactivo.

E aínda que non me pareza que o mundo esté facendo o mellor deste xeito tan hiperactivo, a verdade é que os que realmente non están adaptados a este mundo hiper (hiperconectado, hiperestimulado, hiperactivo) é quen se supón non ten ese «trastorno». E, precisamente, as persoas adaptadas -polo feito de estalo-, tenden a ver cousas que as non adaptadas nin imaxinan.

Por outra banda, as persoas non adaptadas, curiosamente, son as que obteñen máis doadamente dende postos de traballo ata outras supostas prebendas -xa falaremos noutro intre porque non o son- , porque ao non estar adaptad@s, haberá cousas que terán por normais cunhas normas que non fan outra cousa que danalos e danalas a si mesm@s.

Non hai variante mental principal

Por todo isto, nin as persoas supostamente TDAH (Trastorno de déficit de atención e hiperactividade) – de aquí en diante, chamarémoslles neurodiverxentes- coma as persoas que non teñen o suposto trastorno son mellores nin peores. Únicamente son variantes de comportamentos mentais non converxentes necesarios para a supervivencia como especie.

Tanto as persoas neurodiverxentes como as neuroconverxentes contan con características que axudan a solucionar problemas , interactuando e solucionando os problemas de xeito mutuo, mesmo comunitario.

Por iso, tal vez a normalidade non siga normas que nos axuden a evoluír, nin a neurodiverxencia nos limite en xeito algún, senón, máis aínda, nos axude a mellorar como persoas, comunidades e especie.

Un debate aberto

Con todo o dito, probablemente, haxa un debate moi aberto arredor do suposto trastorno e as súas implicacións sociais e neurobiolóxicas, así como a probabilidade de que os verdadeiros trastornos haxa que buscalos noutra parte. Un debate apaixoante que, con todo, probablemente cómpre levar con tranquilidade e sen abafo. Sempre con respecto mutuo e argumentos por tódalas bandas.

Forza4.

  1. No trackbacks yet.

Deja un comentario